Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escápanlle dous puntos ao Bergan logo de remontar

Escápanlle dous puntos ao Bergan logo de remontar

G24.gal 18/12/2021 21:09

De volta á Liga, o Bergantiños empatou en Avilés contra un equipo que tiña a tiro na clasificación.

Natalio abriu o marcador na primeira metade. Pero, en só sete minutos, mediado o segundo tempo, os de Carballo déronlle a volta ao resultado cos goles de Antón Escobar e de Carlos López.

Cando a vitoria xa parecía próxima, Ródenas marcou o 2-2 definitivo no tempo de compensación, que deixa o Bergantiños a dous puntos dos asturianos e, xa que logo, dos postos de promoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade