Cargando resultados...
Confinan varios barrios da Palma pola chegada ao mar dunha nova coada
O volcán de Cumbre Vieja entra na súa décima semana de actividade sen síntomas de esgotamento

G24.gal
22/11/2021 13:44
A lava que expulsa o volcán Cumbre Vieja segue alimentando as coadas preexistentes, sobre todo a que discorre entre as montañas de Todoque e A Laguna, e que este mediodía chegaba ao mar preto do porto de Tazacorte.
O Goberno canario ordenou o confinamento da poboación dos barrios máis próximos á costa como precaución diante de posibles emanacións de gases tóxicos.
A superficie ocupada polas coadas supera xa as 1.060 hectáreas, 43 gañadas ao océano Atlántico.
A erupción do volcán entra na súa décima semana sen síntomas de esgotamento inmediato