ERTE de noventa días e cen baixas voluntarias en Stellantis Vigo
Dirección e sindicatos comezaron as negociacións para axustar o cadro de persoal
A crise dos microchips e a acumulación de vehículos obriga a tomar medidas de axuste
Stellantis negocia un ERTE e un ERE voluntario para reconducir excedentes de persoal
O ano comeza cun plan de axuste de emprego na fábrica de Sellantis Vigo, que conta con mais de 7.000 traballadores.
Empresa e sindicatos comezaron a negociar as condicións dos mecanismos, que pasan por un Expediente de Regulación de Emprego e un ERTE.
A dirección propón un ERE con baixas voluntarias que suporía a extinción máxima de cen contratos ao que poderían acollerse traballadores de todas as áreas da factoría.
O segundo mecanismo de axuste sería un Expediente Temporal de Regulación de Emprego que de entrada podería chegar ata 90 xornadas de traballo.
A falta de microchips obrigou este ano pasado a parar os sistemas de montaxe entre 55 e 60 días.