Cargando resultados...
Erik Quintela: "O novo Breogán terá un corte un pouco máis defensivo"
Conversamos sobre o futuro do equipo lucense no campus que están a desenvolver os irmáns Quintela
G24.gal
09/07/2022 15:29
Hai uns anos, os irmáns Quintela, eran coma uns destes nenos os que agora dirixen no seu Campus en Pol. De feito, Erik sorprendeuse o ver as súas evolucións na Academia Díaz Miguel de 2013 e busca transmitirlles o aprendido durante todos estes anos.
Unha melloría que lle serviu para estrearse na ACB e decidir partidos coma o do Gran Canaria. O base amósase moi ilusionado cara a vindeira temporada coa clasificación euroepa e as fichaxes realizadas, a última a do pivote estadounidense Ethan Happ.