Publicador de contidos
Publicador de contidos

Erik Quintela cre que será un derbi "a vida ou morte"

Erik Quintela cre que será un derbi "a vida ou morte"

O histórico triunfo ante o Barça supuxo unha inxección de moral para o Breogán

G24.gal 22/03/2024 12:58 Última actualización 22/03/2024 13:04

Obradoiro e Breogán disputan este sábado un derbi transcendental na súa loita pola permanencia na liga Endesa, de máxima esixencia para o equipo santiagués, que caeu á zona de descenso tras encadear a súa décima derrota consecutiva na pista do UCAM Murcia

No Breogán consideran que a salvación pasa en parte por este partido. O capitán Erik Quintela, cre que chegan con vantaxe.

"Se gañamos, dá igual como, temos media salvación na man".

Non agocha a trascendencia do derbi

"Imaxino que eles estarán con moita presión, será a vida ou morte".

O histórico triunfo ante o Barça supuxo unha inxección de moral para o Breogán, ao que se lle presenta unha inmellorable oportunidade para dar un golpe encima da mesa na “casa” do que foi o seu presidente, o empresario lucense Raúl López, máximo accionista do Obradoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos