Publicador de contidos

Publicador de contidos

ERC meterá presión ata o último minuto para reformar o delito de malversación

ERC meterá presión ata o último minuto para reformar o delito de malversación

O PP dá por feito que o Goberno está preparando esta reforma para "contentar" os seus socios independentistas

Este venres remata o prazo para que os grupos presenten emendas parciais á reforma da sedición, onde se agarda que os grupos poidan pedir este novo cambio do Código Penal

Marta Vilalta, voceira de ERC di que meterán presión ata o último minuto para cambiar a malversación
Rafael Moreira 05/12/2022 14:35

A reforma da sedición vai queimando etapas. Este venres é un día clave. Remata o prazo par presentar emendas parciais pero todos os ollos están pendentes de se algún grupo proporá cambios tamén no delito de malversación. O PP dáo por feito.

Esta reforma é un obxectivo de Esquerra Republicana. Os independentistas admiten que se trata dun asunto delicado, pero non agochan que meterán presión ata o último minuto para "incorporar xustiza onde moitas veces houbo inxustiza", dixo hoxe en conferencia de prensa ao preguntralle sobre se van presentar unha proposta de reforma do delito de malversación.

Desde o Goberno manteñen o discurso. Evitan valorar o que non "existe", manteñen en público. Din que se meterán presión en caso de que se presente unha proposta concreta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade