Publicador de contidos

Publicador de contidos

ERC esíxelle a Sánchez medidas máis contundentes e non pecha a porta a unha ruptura

ERC esíxelle a Sánchez medidas máis contundentes e non pecha a porta a unha ruptura

Rufián ve "absurda" unha cuestión de confianza e non descarta romper co PSOE: "Hai que falar de seguir ou de romper"

Junts vincula o seu apoio a Sánchez a que garanta o cumprimento de todo o pactado

O PP di que España non merece un Goberno "ocupado por unha organización criminal" e os socialistas garanten tolerancia cero cos corruptos

Imaxe da senadora do PP Alicia García na sesión de control ao Goberno no Senado, este martes
G24.gal 17/06/2025 18:47 Última actualización 17/06/2025 20:25

Duros ataques ao Goberno pola corrupción na sesión de control do Senado.

Esquerra Republicana advírtelle que perderá o seu apoio se non toma medidas máis contundentes. Unha advertencia que chegaba logo de que o seu portavoz no Congreso, Gabriel Rufián, dixese que a comparecencia de Pedro Sánchez anunciada para o 9 de xullo chega "tarde e mal".

De feito, non pecha a porta a unha ruptura cos socialistas. "Xa veremos", dixo. Rufián ve "absurda" unha cuestión de confianza: "Hai que falar de seguir ou de romper".

O Partido Popular insiste en que Pedro Sánchez non pode seguir sendo presidente. Así o expresou Alicia García, senadora do PP: 

"Koldo xa dixo que Pedro era o que mandaba, que Santos Cerdán facía o que lle mandaba Pedro. Por incompetencia ou por connivencia non ten máis saída que a dimisión. España non merece un Goberno ocupado por unha organización criminal e por uns socios cómplices da súa corrupción. O capitán Sánchez ao temón dun Titanic afundíndose pola corrupción e os seus socios tocando o violín. Están afundidos".

María Jesús Montero, vicepresidenta primeira do Goberno, respondeu: "Para vostedes a corrupción é sistémica, e vostedes ante a corrupción o que fan é perseguir e cesar os que a denuncian".

Para Esquerra Republicana, está en xogo o futuro da lexislatura.

Sara Bailac, senadora de ERC, asegura:

"O PSOE e o Goberno teñen que facer limpeza. É o único camiño para que esta lexislatura agónica poida continuar. E se non é así, non merecen ese tempo extra".

Respondeulle Félix Bolaños, ministro da Presidencia e de Xustiza: "Non hai partido que poida garantir corrupción cero, pero si que podemos garantir tolerancia cero coa corrupción, e facer unha resposta como fixemos, rápida e contundente".

Junts pon tamén condicións

O secretario xeral de JxCat, Jordi Turull, asegurou que vinculan o apoio ao Goberno de Pedro Sánchez a que garanta o cumprimento de todo o pactado coa súa formación:

"Para ver se vale a pena seguir ou non, ten que detallar ben que garantías dá para o cumprimento do acordo".

Turull fixo estas declaracións os medios fronte ao Congreso despois de reunirse en Moncloa co presidente do Executivo xunto á portavoz de Junts, Míriam Nogueras, no marco da rolda de conversacións que está a manter Sánchez coas forzas que habitualmente lle apoian para sondar os seus apoios tras a crise aberta polo caso Koldo.

O que non fixo Junts é pedir ao presidente que se someta a unha cuestión de confianza porque xa o solicitaron no seu día e non llo van a pedir máis, e agora a súa "prioridade" é que se cumpran os acordos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade