Publicador de contidos

Publicador de contidos

Críticas dos socios de investidura: ERC di que "a confianza está danada" e o BNG ve "insuficientes" as explicacións

Críticas dos socios de investidura: ERC di que "a confianza está danada" e o BNG ve "insuficientes" as explicacións

ERC reclama que estenda a auditoría externa das contas do PSOE ao Ministerio de Transportes

O lehendakari Pradales cre que "a lexislatura española entrou noutra fase"

EH Bildu ve "indicios de corrupción" no PSOE: "Seremos absolutamente tallantes"

Compromís pide crear "unha comisión de investigación para dilucidar todas as responsabilidades que houbo"

Elisenda Alamany intervén durante a clausura do 30º Congreso de Esquerra Republicana (ERC), a 16 de marzo de 2025 (Lorena Sopêna/Europa Press) Elisenda Alamany intervén durante a clausura do 30º Congreso de Esquerra Republicana (ERC), a 16 de marzo de 2025 (Lorena Sopêna/Europa Press)
G24.gal 13/06/2025 10:06

O BNG considera insuficientes as explicacións de Pedro Sánchez sobre as últimas informacións relacionadas co caso Koldo, e din que o caso non afecta só ao PSOE, senón tamén ao Goberno. 

Os nacionalistas reclaman unha auditoría externa dos contratos do Ministerio de Transportes e a posta en marcha dun paquete de medidas contra a suposta corrupción na Administración. Din que o Bloque sempre defenderá o uso honesto dos recursos públicos, sen ambigüidades, e que non farán concesións. 

Mensaxes críticas tamén desde outros socios de investidura. A secretaria xeral de ERC, Elisenda Alamany, advertiu este venres o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de que non poderá seguir contando co seu apoio se se demostra que amaparou o exsecretario de Oganización do PSOE Santo Cerdán. 

Así o dixo en declaracións á 2 e Ràdio 4 un día despois da dimisión de Cerdán de todas as súas responsabilidades, tras saír á luz un informe da UCO en que sinala que podería xestionar comisións en adxudicacións de obras públicas en favor do exminitro José Luis Ábalos e o seu exasesor Koldo García.

Fan falta moitas máis explicacións. Se esta corrupción se demostra que está amparada, que a coñecía o presidente do Goberno e que está estendida no Goberno, é evidente que se non é un caso illado non poderá seguir contando co apoio de ERC.

Para a secretaria xeral da formación republicana, as explicacións ofrecidas onte por Sánchez son insuficientes porque deu "unha resposta emocional pero non política" ao caso de Cerdán. Reclama que estenda a auditoría externa das contas do PSOE ao Ministerio de Trasportes. 

Os feitos son moi graves como para non dar a cara. Terá que dar moito máis a cara do que o fixo nos últimos meses, e estas accións que lle esixe ERC serán fundamentais para definir ao final o apoio cara ao Goberno do Estado.

Alamany indicou que a dirección do partido avaliará as próximas accións que deba tomar, "A confianza está moi danada", avanzou. Apostou por ir "aos feitos probados" ante a gravidade dos mesmos, á vez que lamentou que Sánchez escondera "a cabeza debaixo da á" e apostara polo "vitimismo".

Ao preguntarlle pola reacción do presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, á dimisión de Cerdán, Alamany respondeu que o dirixente popular "non é a mellor persoa para dar leccións sobre corrupción" e dixo que o seu partido non ten "lexitimidade" para falar respecto diso.

Compromís pide unha investigación

O portavoz de Compromís en Les Corts Valencianes, Joan Baldoví, considerou "insuficientes" as explicacións ofrecidas polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tras a dimisión do secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, polo caso Koldo, e pediu unha investigación.

"Está ben que se cese ao corrupto, que abandone todos os seus cargos no partido e no Congreso", dixo, pero engadiu que Sánchez debería pedir unha comparecencia no Congreso e "contestar preguntas", e deberíase "crear unha comisión de investigación para dilucidar todas as responsabilidades que houbo".

Tras valorar a dimisión de Cerdán, "cousa que non pasa con outros partidos", Baldoví apuntou que "para a xente progresista é insuficiente" e cre necesarias "medidas máis contundentes", máis explicacións e que se investigue "todo o ocorrido neses ministerios".

O lehendakari, Imanol Pradales (PNV), afirmou este venres que os últimos acontecementos relacionados co 'caso Koldo' "meten á lexislatura española noutra fase", aínda que eludiu opinar sobre se o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, debe adiantar as eleccións ou someterse a unha moción de confianza.

Ao seu xuízo, nestes momentos é esixible a "máxima transparencia e celeridade na toma de decisións, para chegar ao fondo e asumir responsabilidades se as houbese".

O portavoz de EH Bildu no Parlamento vasco, Pello Otxandiano, considerou que existen "indicios de corrupción" no PSOE e apostou por ser "absolutamente tallantes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade