Entrevista a Xosé Luís Regueira, director do ILG, arredor dos 40 anos da norma do galego #DígochoEu
Este mes de xullo, a norma do galego fixo 40 anos! #DígochoEu E no #ApuntamentoLusófono tivemos a oportunidade de conversar con Xosé Luís Regueira, actual director do ILG. Aquí tes un resumo do que nos contou.
1) As normais actuais, aprobadas o 3 de xullo de 1982, non son "un invento". Inspíranse nunha tradición literaria que vén de moito máis atrás. O propio Castelao escribía moi parecido a como se escribe hoxe.
2) Faise unha falsa dicotomía ao cualificar a norma actual de "galego-español" fronte ao modelo reintegracionista "galego-portugués". "O galego non necesita apoiarse en ningunha outra lingua".
3) Introducir a ortografía portuguesa no galego non ten sentido, dado que non se adapta ás características fonolóxicas do galego. "Podemos estar dentro da familia lusófona pero escribindo en galego".
4) A letra ñ e o dígrafo ll son grafías galegas desde a Idade Media. Non é certo que se utilicen no galego por influencia do castelán.
5) A norma do galego é purista con respecto aos castelanismos e ao mesmo tempo defende unha aproximación ao portugués, que xa se está facendo e que hai que continuar.
6) As visións catastrofistas sobre o futuro do galego escorrentan posibles falantes. Cómpre destacar "o que se conseguiu nestes anos, que non é pouco".