Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entra roubar nun local de Oleiros e foxe cunha botella de licor como único botín

Entra roubar nun local de Oleiros e foxe cunha botella de licor como único botín

Os propietarios do restaurante cren que o ladrón puido asustarse ao activarse a alarma do local

G24.gal 04/05/2024 21:15 Última actualización 04/05/2024 21:55

O ruído da alarma conseguiu disuadir o ladrón que accedeu pola forza a un restaurante italiano de Oleiros, rebentando os cristais da porta da terraza.

"Escacháronos e entraron. Entrou un só home e unha muller quedou fóra. Vese nas imaxes que el estaba agachado, intentando que non se vexa, non sei se polas ventás ou polas cámaras. Vese como pasa por aquí e se mete por detrás da barra", explica Nicole Berry, do restaurante Di Paolo.

Apenas permaneceu dous ou tres minutos no local. Os propietarios pensan que puido asustarse co ruído da alarma. Fuxiu cunha botella de licor como único botín.

"O que máis nos preocupaba era que levara a caixa porque mañá é o día da nai e temos moitas reservas. Sería un desastre non poder atender a xente o día da nai".

Despois de recoller os cristais e tapar provisionalmente o oco da porta puideron traballar con normalidade. A Garda Civil investiga o roubo, o primeiro que sofre esta pizzería desde que abriu hai pouco máis de cinco meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar