Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan un 57 % os roubos en explotacións galegas no último ano

Aumentan un 57 % os roubos en explotacións galegas no último ano

Lugo é a provincia máis afectada, cun incremento do 131 %

A Garda Civil recomenda extremar as precaucións

G24.gal 16/05/2024 14:46

Os roubos en explotacións agrogandeiras aumentaron no último ano en Galicia un 57 %. O maior problema está na provincia de Lugo, onde o incremento foi do 131 %. Malia este crecemento, as organizacións agrarias cren que non hai aínda motivos para a alarma, pero lembran que os roubos supoñen un serio problema nas contas de resultados.

A dispersión das explotacións galegas, moitas delas illadas, favorece a acción dos ladróns pola falta de vixilancia, aínda que tamén pode resultar disuasoria por ser escaso o botín. En calquera caso, a Garda Civil recomenda tomar precaucións.

Andalucía, con máis de 3.600 roubos dende 2020, é a comunidade máis castigada por este tipo de delitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade