Publicador de contidos

Publicador de contidos

Encher o tanque do coche sae un 20 % máis caro que en xaneiro

Encher o tanque do coche sae un 20 % máis caro que en xaneiro

O gasóleo segue por riba da gasolina e xa se paga a 1,68 €/litro

A gasolina subiu un 4,6 % no que vai de ano

G24.gal 05/03/2023 13:07 Última actualización 05/03/2023 13:15

Dende comezos de xaneiro o prezo da gasolina subiu un 4,6 % e o do gasóleo un 2,7. A iso hai que engadirlle a supresión da bonificación de 20 céntimos por litro. Así, recargar nas estacións de servizo sae un 20 % máis caro ca hai dous meses.

A media en España é de 90 euros os 55 litros de gasolina e 93 os de gasóleo. Un novo esforzo económico para os usuarios.

O gasóleo leva un ano cunha suba sostida e xa acumula meses a un prezo por riba do da gasolina. O custo de produción e a dependencia do gasóleo ruso están detrás dese incremento que fai que estea uns 27 euros máis caro que hai un ano e cunha cotización entre 5 e 8 céntimos superior á da gasolina.

A parte positiva é que os prezos base dos combustibles se manteñen por baixo da media dos países da eurozona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade