Publicador de contidos

Publicador de contidos

Encher o depósito de combustible custa 37 euros máis que hai un ano

Encher o depósito de combustible custa 37 euros máis que hai un ano

Co desconto de 20 céntimos, a diferenza é de 27 euros

O prezo dos carburantes condiciona os desprazamentos de vacacións

G24.gal 25/06/2022 14:18 Última actualización 25/06/2022 14:51


A gasolineira de Castadón, no Pereiro de Aguiar, queda de camiño cara a Ribeira Sacra. En plena ponte festiva, apenas notan o impacto.

Santiago Conde, xerente da gasolineira: "Nós estamos cun 30, un 35 % menos de vendas. Está sendo caótico, e as marxes moito máis pequenas. Estamos moito peor que hai un ano, pero con diferenza".

Onde antes enchían depósitos, agora botan o xusto para ir tirando: "Púxenlle 20 euros, pero se o encho son cento e pico. Dáme para subir a Ourense e baixar", explica un condutor.

Encher un depósito de cincuenta litros hoxe custa 27 euros máis que hai un ano, malia a rebaixa de 20 céntimos por litro. Sen ela, a diferenza sería de 37 euros na gasolina e 38 no gasóleo.

A tendencia, que foi sempre á alza desde decembro, xera desconfianza nos consumidores, que buscan alternativas para os desprazamentos de lecer: "Eu veño de Arnuide ata Ourense e listo. Antes ía a Vigo, pero agora non se pode. Hai que ir en autocar". "Intentamos collelo o menos posible desde hai tempo, pero incluso para o gasóleo da casa, e todo, é unha barbaridade", comentan dous condutores.

Hai que ter en conta, iso si, que tamén hai diferenzas entre as estacións de servizo. Entre a máis barata e a máis cara hoxe en Galicia hai 44 céntimos de diferenza na gasolina e 39 no gasóleo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade