Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ence avanza na construción nas Pontes dunha nova factoría para producir fibras naturais

Ence avanza na construción nas Pontes dunha nova factoría para producir fibras naturais

Na primeira fase do proxecto vanse investir 125 millóns de euros

G24.gal 23/03/2023 14:46

Un paso adiante cara a unha economía circular. Ence producirá nas Pontes fibras naturais recicladas a partir de cartón e papel recuperado. Será nunha primeira fase do proxecto en que vai investir 125 millóns de euros. A planta asentarase nos terreos da central térmica de Endesa e será autosuficiente. Xerará toda a enerxía renovable, térmica e eléctrica que requira o proceso.

"É un proceso innovador. Ninguén está branqueando cartón recuperado e papel recuperado con ozono, dándolle un tacto suave e unha cor branca pura nun proceso que non é contaminante. Todas as probas que fixemos en Francia, en Italia e Alemaña deron ben", explica Ignacio Colmenares, conselleiro delegado de Ence.

O proxecto completarase cunha planta de coxeración de biomasa e cunha liña de fabricación de 30.000 toneladas anuais de produtos hixiénicos e rolos de papel recuperado. En total, estímase que se poderán crear preto de 1.200 postos de traballo entre directos, indirectos e inducidos.

"Estamos acomentendo este proceso de transformación do tecido produtivo para converter o que foi unha situación de dificultade como o peche da centra térmica nunha oportunidade", dixo Francisco Conde, vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Industria.

O obxectivo é que poida estar operativa en 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade