Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ence aplicará o ERTE en Pontevedra tras parar a produción pola seca

Ence aplicará o ERTE en Pontevedra tras parar a produción pola seca

A decisión tomouse debido á necesidade de manter o caudal ecolóxico do río Lérez

O ERTE aplicarase a partir da vindeira semana

Fábrica de Ence en Pontevedra Fábrica de Ence en Pontevedra
G24.gal 23/07/2022 09:20

A compañía Ence anunciou que vai aplicar un expediente de regulación temporal de emprego aos traballadores da fábrica de Pontevedra. A decisión tomouse despois de ter que parar a produción debido á seca.

A compañía comunicoullo ao comité de empresa ao asumir que esta parada se prolongará "durante algún tempo" ante a necesidade de preservar o caudal ecolóxico do río Lérez. O río é o que fornece a compañía e os municipios da ría de Pontevedra.

Nun comunicado, a empresa asegurou que "en todo momento" a prioridade debe ser o abastecemento de auga aos cidadáns.

Os traballadores da fábrica están realizando estes días labores de mantemento. A partir da vindeira semana será cando se aplique o ERTE.

A compañía asegurou que, polo momento, non é posible determinar a duración desta situación e estima probable que se poida prolongar durante algún tempo.

Nunha comunicación á Comisión Nacional de Mercados e Valores, Ence afirma que se a situación de parada produtiva se prolonga durante máis dun mes pode chegar a ter un "impacto material" nos resultados económicos do exercicio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos