Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Halo, o elevador xigante que salva un desnivel de 50 metros, xa funciona en Vigo

O Halo, o elevador xigante que salva un desnivel de 50 metros, xa funciona en Vigo

A apertura produciuse no medio dunha grande expectación, con ducias de persoas facendo ringleiras para estrealo

Os ascensores tardan 26 segundos en facer este percorrido que a pé leva máis de 20 minutos

 

G24.gal 16/02/2024 14:35

O Halo conecta a zona de García Barbón e Rosalía de Castro co centro comercial e a estación de Vialia. Os ascensores tardan exactamente 26 segundos en facer este percorrido que a pé leva máis de 20 minutos. 

A apertura do elevador produciuse no medio dunha grande expectación. Minutos antes formáronse ringleiras de persoas que querían estrear esta infraestrutura. 

Salva un desnivel de 50 metros que facilita aos veciños a mobilidade, pero ademais esta pasarela circular de case 100 metros de diámetro convértese nun miradoiro da ría de Vigo. 

Despois de máis dun ano e medio de obras e un orzamento de case 16 millóns de euros, a modernidade e a arquitectura da infraestrutura convértena nunha nova icona para a cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos