Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Ourense superan as 2.000 infeccións con máis presión asistencial

En Ourense superan as 2.000 infeccións con máis presión asistencial

Once ingresados nun día nos hospitais de Ourense por covid

Hai 64 persoas hospitalizadas por coronavirus na área sanitaria

G24.gal 05/12/2021 21:05

Na área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras seguen tamén subindo os casos. Hoxe rebasaron os 2.000 doentes co virus activo. E aumenta a presión hospitalaria con once persoas máis hospitalizadas con covid. Esta área foi tamén a que máis falecidos rexistrou esta semana, sete, dous deles notificados esta tarde.

Filas de coches este domingo no hospital de Ourense para realizar unha PCR. A maioría tiveron contacto con persoas contaxiadas co coronavirus, coma Iago, a súa pequena non ten síntomas pero deu positivo.

Nas últimas 24 horas, detectaron 194 novos casos, é unha taxa de positividade que supera o 10 por cento.

 2.041 persoas están pasando a enfermidade na provincia de Ourense, a metade delas na capital, o concello lindeiro de Barbadás tamén semella lonxe de cambiar a tendencia á alza.

 As autoridades sanitarias, piden que non se descoiden as medidas preventivas nestes días festivos.

Nos hospitais de Ourense hai hoxe 64 pacientes coa covid, once máis ca onte pero grazas ás vacinas son menos da metade dos hospitalizados que había en febreiro cunha cifra semellante de contaxios.  Sete enfermos precisan atención nas UCI.

 

 

 

 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos