Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Nigrán forman os seus propios socorristas para poder cubrir o verán nas praias

En Nigrán forman os seus propios socorristas para poder cubrir o verán nas praias

Concellos como o de Nigrán teñen socorristas dabondo porque levan tres anos formándoos

G24.gal 02/07/2023 19:45 Última actualización 02/07/2023 20:02

A falta de socorristas é un problema para moitos municipios costeiros durante os últimos veráns. É un traballo moi estacional e requírese unha formación. Para paliar a carencia de socorristas, cada vez son máis os concellos que se encargan de facilitar eses cursos.

Estamos en Nigrán. A praia chea de xente e aquí a temporada empeza sen problemas de socorristas. 

"Temos 29 máis unha coordinadora. Para as praias de Nigrán e Baiona son máis que suficientes. Poderiamos solicitar máis socorristas por medio de anuncios na prensa pero en principio estamos completos grazas a que levamos 3 anos formando a xente en cursos de balde que fai o concello de Nigrán".


Estas praias non son especilamente perigosas. Miriam, socorrista, e o seu compañeiro Daniel, voluntario de Protección Civil, levan dous anos facendo este traballo.

"O máis común: as picaduras de faneca e os cortes, picaduras de insectos ou de medusas. O máis raro: un traslado de urxencias, un desmaio".
 

"O complicado ás veces é poder ter unha relación cordial coa xente porque, hai de todo, como en todos os traballos, pero penso que como a xente está de vacacións non quere acatar normas e a veces temos conflitos".


E mentres gravamos a reportaxe xurde outro imprevisto. Hai que saír buscar un ancián con problemas de mobilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos