Publicador de contidos

Publicador de contidos

En liberdade condicional Juan Maeso, condenado por contaxiar de hepatite C a 275 pacientes

En liberdade condicional Juan Maeso, condenado por contaxiar de hepatite C a 275 pacientes

Está condenado a 1.933 anos de cadea

G24.gal 08/03/2023 16:23

Sae en liberdade condicional Juan Maeso, o anestesista valenciano que contaxiou o virus da hepatite C a 275 pacientes. Faino case 16 anos despois de que o condenaran a 1.933 anos de cárcere, dos que podía cumprir un máximo de 20.

A Audiencia Provincial de Valencia admite o recurso de Maeso despois de que lle rexeiteran inicialmente esa petición. O médico anestesista levaba un ano co réxime de terceiro grao e durmía no seu domicilio.

Entre 1988 e 1998, Juan Maeso inxectábase parte dos anestésicos que lles administraba despois, coa mesma xiringa, aos pacientes que ían intervir cirurxicamente no hospital onde traballaba. Contaxiou 275 persoas co virus da hepatite C.

O xuízo durou ano e medio e contou coa declaración de máis de 600 testemuñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos