En liberdade os donos dunha axencia de viaxes da Coruña acusados de estafa
Deberán comparecer en dependencias xudiciais cada 15 días
Os clientes, a maioría migrantes, compraron os billetes de avión para ir aos seus países de orixe no Nadal, pero estes nunca se emitiron

O Xulgado de Instrución número 6 da Coruña acordou a posta en liberdade dos propietarios dunha axencia de viaxes da Coruña acusados de estafa.
Retirouselles o pasaporte e deberán comparecer en dependencias xudiciais cada 15 días, segundo informou este martes o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A detención do dono da axencia de viaxes e da súa parella, titular do CIF do negocio, tivo lugar a mediados de decembro, cando a Policía contabilizou un cento de denuncias por calote.
Os clientes, a maioría migrantes, compraron os billetes de avión para ir aos seus países de orixe en Nadal, e estes nunca se emitiron.