En León prepáranse para pasar unha nova noite fóra das súas casas
Castela León e Estremadura son as comunidades máis afectadas polos incendios forestais
Son os avisos lanzados este sábado para avisar da proximidade dun incendio, realizados a través dos teléfonos móbiles por primeira vez de xeito conxunto polas comunidades de Castela León, Asturias e Cantabria. O aviso pedíalles a todos os que estivesen nos arredores dos Picos de Europa que saísen da zona canto antes.
Os incendios forestais están castigando de xeito especialmente duro á veciña provincia de León, onde a calor e o forte vento complican moito a extinción.
Moitos habitantes dos zonas de León afectadas polo lume pasarán unha nova noite fora das súas casas
Centos de persoas prepáranse en León para pasar a súa terceira, ou cuarta, noite fora das súas casas.
Tamén están afectados polos incendios os veciños da montaña de Zamora, onde este sábado rexistraron ventos de ata 80 quilómetros por hora, que fan imposible a extinción do lume.
Da mesma comunidade, Castela León, pero da provincia de Ávila son estas imaxes. En lugares como Urraca de Miguel os veciños foron evacuados a tempo, pero moitas das súas propiedades quedaron arrasadas.
Os incendios forestais tamén están afectando á comunidade de Estremadura, sobre todo a pobos de Cáceres coma este de Jarilla. Tamén hai lumes declarados nas comunidades de Madrid e Andalucía.
Este domingo chegarán dous novos hidroavións italianos, enviados pola UE
Os arredor de 3.400 membros da UME e doutros corpos do Exército, xunto con 400 medios aéreos, contarán mañá coa axuda de dous hidroavións enviados desde Italia pola Unión Europea.