Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Celta de menos a máis empata sen goles en Xetafe

Un Celta de menos a máis empata sen goles en Xetafe

Logo dunha primeira metade sen ocasións, os vigueses melloraron tras o descanso

Illaix, Swedberg e Marcos Alonso tiveron as mellores ocasións, pero non atinaron a marcar

O Celta segue na sétima posición con 33 puntos

G24.gal 01/02/2026 17:23

Minuto a minuto

Ás 18:30h comeza o partido do Coliseum. Xetafe - Celta. Este é o XI inicial de Claudio Giráldez para o partido, coa estrea de Fer López como titular

E este é o XI do equipo madrileño

1'

Comeza o partido no Coliseum: Xetafe 0-0 Celta

7'

Córner a prol do Xetafe que cabecea fóra Arambarri. O futbolista queda tendido no céspede tras o remate

12'

Primeira aproximación do Celta cun pase de Fer López cara a El-Abdellaoui, que chega para centrar, pero o balón vai ás mans de Soria

19'

Falta perigosa na frontal de Ilaix, que ve cartón amarelo

25'

Falta agora a prol do Celta, que saca directamente a portería Mingueza, e saca Soria cos puños

44'

Revólvese Vázquez e tira con forza desde a frontal, parando con seguridade Radu

45+2'

Descanso no Coliseum. Non hai goles: Xetafe 0-0 Celta

46'

Comeza a segunda metade co empate a cero inicial

50'

Ocasión do Celta que remata Swedberg a gol, pero o árbitro asubía fóra de xogo previo de Borja Iglesias, que fixo posible o remate

59'

Centro de Jones desde a dereita, toca Swedberg na esquerda, e non chega Ilaix por milímetros para empuxala a gol

64'

Córner que saca o Xetafe desde a esquerda, e Mario Martín cabecea desviado

67'

Internada de Satriano desde a banda dereita, e o seu remate sae á dereita de Radu

72'

Control co peito e volea de Borja Iglesias, que saca abaixo David Soria

83'

Tiro moi lonxano de Ilaix Moriba que marcha desviado

90+3'

Gran ocasión, con Hugo Álvarez marchando pola esquerda e asistindo a Marcos Alonso, que remata ao lateral da rede

90+4'

Final no Coliseum. O Celta mellorou na segunda metade, e dispuxo dalgunhas ocasiópns para marcar, pero non puido mover o empate a cero inicial, que o deixa con 33 puntos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade