O Celta volve caer goleado en Mestalla nun partido que acabou con dez por expulsión de Cervi
O Valencia impúxose 3-0 con dous goles no treito final
O Celta tivo opcións de puntuar ata despois da expulsión
Minuto a minuto
Xa está todo listo en Mestalla para o Valencia-Celta, partido en que o equipo de Coudet buscará mellorar a efectividade de cara á porta rival despois da goleada encaixada no Metropolitano
Esta é a aliñación titular do Celta en Mestalla. Volve Óscar Rodríguez despois da súa lesión, ocupando o lugar de Carles Pérez
📋✅ O noso 𝗫𝗜 inicial 🆚 @valenciacf#ValenciaCelta #LaLiga pic.twitter.com/OoL6mXaAcD
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) September 17, 2022
E estoutra é a aliñación de Gatusso por parte do Valencia. Estréase como titular Edinson Cavani, que entrou na convocatoria por primeira vez.
⚽ XI INICIAL 🆚 @RCCelta#ValenciaCelta 🦇🔵#CORVCF | #ADNVCF pic.twitter.com/qCzBadfD1M
— Valencia CF (@valenciacf) September 17, 2022
Comeza o partido en Mestalla, Valencia 0-0 Celta
Posible penalti de Cömert sobre Larsen. Parece que hai contacto entre os xeonllos. González Fuertes non asubía nada
Hugo Mallo anticípase para despexar un bo centro de rabona de Thierry Correia
Iago Aspas lanza unha falta perigosa, Mamardashvili despexa a córner
Córner a prol do Valencia, o balón queda morto na área pequena, e Diakhaby remata ao pau
Boa combinación do Celta, Aspas asiste ao primeiro toque, e o remate de Larsen marcha preto da escuadra
1-0 Gol do Valencia. Samu Castillejo remata no segundo pau a pase de Samuel Lino
Descanso en Mestalla. Valencia 1-0 Celta
Comeza a segunda metade en Mestalla co resultado de Valencia 1-0 Celta
Pide penalti o Valencia por un contacto sobre Samuel Lino. González Fuertes non indica a pena máxima
Cartón vermello directo a Cervi por unha entrada sobre Thierry Correia
Cabezada de Larsen a saque dunha falta, e paradón espectacular de Mamardashvili a córner
Remate de Gayá e bo despexe de Marchesín
Kluivert marcha so, e Marchesín saca o perigo no man a man
2-0 Gol do Valencia. Marcos André anota o segundo nunha contra desde o punto de penalti
3-0 Gol do Valencia. André Almeida anota o terceiro cun potente remate
Final do partido en Mestalla. Valencia 3-0 Celta. O equipo vigués xogou media hora con dez xogadores por expulsión de Cervi.