Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Celta con 10 empata no tempo engadido en Anoeta (1-1)

Un Celta con 10 empata no tempo engadido en Anoeta (1-1)

A Real Sociedade adiantouse no minuto 5 por medio de Oyarzábal

O empate chegou cun autogol de Le Normand no 93', cando o Celta xogaba con dez por expulsión de Tapia

G24.gal 18/02/2023 13:02

Minuto a minuto

Ás 14:00h comeza en Anoeta o partido entre a Real Sociedade e o Celta.

 

Xa coñecemos o XI inicial de Carlos Carvalhal para o partido. É este:

 

 

E este é o XI inicial do equipo de Imanol. O Ex-céltico Brais Méndez xoga como titular:

 

 

1'

Comeza o partido en Anoeta

1'

Primeira ocasión do Celta. Asiste Aspas para Carles Pérez, e o seu remate sácao Remiro a córner

4'

1-0 Gol da Real Sociedade. Conduce a contra Kubo e asiste a Oyarzábal, que bate a Iván Villar polo pau curto

6'

Luca de la Torre entra na área, e o seu envío desvíao a córner Barrenetxea

25'

Boa cabezada de Larsen dentro da área, para Remiro

40'

Córner sacado por Brais, o balón paséase pola área pequena sen que ninguén chegue ao remate

42'

Balón interior para Larsen, salva no man a man Remiro. A xogada quedou anulada por fóra de xogo, pero a posición era dubidosa.

45'

Descanso en Anoeta. Real Sociedade 1-0 Celta

46'

Comezo da segunda parte en Anoeta. Real Sociedade 1-0 Celta.

50'

Remate de cabeza de Iago Aspas ao pau logo dun erro defensivo

64'

Remata Zubimendi desde fóra da área, preto do pau

65'

Queda so Oyarzábal, saca Iván Villar no man a man

65'

Queda so Seferovic, o seu remate marcha a córner

69'

Remata Kubo, saca Iván Villar a córner

74'

Expulsado Renato Tapia por dobre amarelo. O primeiro, por unha entrada no centro do campo. E o segundo, uns segundos depois, por protestar o cartón.

76'

Remate de Kubo desde dentro da área, o balón marcha a córner

87'

Remate de Pablo Marín dede moi preto, desviado

90+1'

Iago Aspas busca a vaselina desde 40 metros, o balón marcha por moi pouco

90+2'

Óscar remata desde o bordo da área, Álex Sola despexa a córner

90+3'

GOOOOOOOOL DO CELTA!!!Centra Iago Aspas logo da saída do córner, e Le Normand marca en propia porta intentando despexar

90+4'

Final do partido en Anoeta!! Real Sociedade 1-1 Celta. O equipo vigués foi quen de empatar no tempo engadido, cando xogaba con dez xogadores

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos