Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pena máxima para o Ourense C. F. diante do Alcorcón

Pena máxima para o Ourense C. F. diante do Alcorcón

Adiantouse cun gol de Ebuka, pero o Alcorcón empatou no 89

Os dous equipos fallaron un penalti durante o partido

G24.gal 13/11/2022 16:54 Última actualización 13/11/2022 20:02

O Ourense C. F. quedou eliminado da Copa na quenda de penaltis despois do empate (1-1) con que se chegou ao final da prórroga. 

Jerin tivo unha pena máxima no primeiro minuto de partido pero non atinou co disparo. Si acertou o central Ebuka nun remate de cabeza. Baixo a chuvia foi moi difícil facer fútbol, e no 89 o Alcorcón atopouse co empate de Moyano. 

Na prórroga foi o Alcorcón o que tivo un penalti ao seu favor. Desta volta Dalmau executou mal e parouno Marqueta. Con dez aguantou o Ourense, e o partido encamiñouse á resolución desde o punto fatídico. Volveu fallar Jerin e Hugo Sanz tampouco acertou co lanzamento.

O Alcorcón superou (4-2) a eliminatoria e deixa o equipo das Burgas sen a opción de enfrontarse a un equipo de Primeira. 

Minuto a minuto

Vai principiar o partido do Ourense CF. O campión galego da Terceira da temporada pasada enfróntase ao Alcorcón, da Primeira RFEF

1

Penalti a prol do Ourense aos 20 segundos ... Pero falla Jerín!!!!! Que ocasión

4

Moi clara para o Alcorcón nas botas de Dalmau. Rexeita Marqueta

39

Gooool do Ourense. Manu Rodríguez saca a falta e remata de cabeza Ebuka

45

Descanso no Couto. O Ourense merece o triunfo que puido ser máis amplo pero fallou un penalti

51

Amin tivo o segundo para o Ourense e Marqueta fixo unha moi boa parada evitando a ocasión de Moyano

65

A piques está Tiago de facer o 2-0. O Ourense busca o segundo á contra

75

Impresionante a auga que cae no Couto. Imposible xogar ó fútbol

90

Empata Moyano para o Alcorcón (1-1). Haberá seis de engadido

96

Penalti e expulsión de Tafa. Pero o tiro de Dalmau é do máis ridículo que se viu nos últimos tempos. Para Marqueta!!!!!

115

Gol anulado ao Alcorcón

Na quenda de penaltis pasa o Alcorcón. Fallou dous penaltis o Ourense. Jerin e Hugo Sanz erraron

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade