O Celta perdoa na primeira metade e acaba concedendo un empate (1-1)
Gabri Veiga adiantou o cadro vigués nun gran primeiro tempo dos de Carvalhal
A entrada de Lamela no descanso revolucionou o Sevilla que empatou cun tanto de Salas
Minuto a minuto
Volve o fútbol despois da parada polo Mundial. E faino en Balaídos cun partido moi importante para o Celta. Xoga como local diante dun Sevilla en horas baixas e que chega no medio dunha treboada institucional. Os dous equipos precisan, e moito, os puntos.
📋✅ ¡Nuestro 𝗫𝗜 inicial 🆚 @SevillaFC!#CeltaSevillaFC #LaLiga https://t.co/GzLWUP2MvQ pic.twitter.com/eqzmdDtVL4
— RC Celta (@RCCelta) December 30, 2022
Emotivo minuto de silencio por Txetxu Rojo e Pelé. Principia o partido en Balaídos!!! Os dous equipos co mesmo sistema; 5-3-2 námbolos dous conxuntos

Probou sorte Gabri desde a frontal e rexeitou a defensa. Primeiro cartón amarelo para o andaluz José Ángel
De Burgos Bengoetxea perdóalle o segundo cartón a José Ángel!!! A acción sobre Cervi era moi clara de tarxeta

Tívoa Strand Larsen!!!!! A mellor do Celta cun gran desmarque do dianteiro pero cruza demasiado diante de Bono no man a man
Tres remates seguidos do Celta rexeitados pola defensa do Sevilla!!! E posible man de Rafa Mir na xogada. Merece o gol o equipo vigués
Desatado o Celta!!! Centra Mingueza e a piques está de marcar Cervi
GOOOOOL de Gabri Veiga. O de Porriño recibe en profundidade e marca o cuarto da temporada cunha gran vaselina!!!!

Cesión de Gudelj a Bono que case acaba no fondo da rede. O Sevilla demostrando a razón pola que está en descenso
Descanso en Balaídos. Superioridade manifesta do Celta que gaña por 1-0, un resultado curto para os merecementos dos de Carvalhal
Comeza a segunda parte. Un troco no Sevilla con Lamela no campo no lugar de En Nesyri
Domina o Sevilla pero a primeira gran ocasión é para Strand Larsen á contra. Sacou Bono o seu lanzamento
Empata Kike Salas para o Sevilla á saída dun córner. Salvara Marchesín a anterior de Lamela pero nada puido facer para evitar o gol do defensa sevillano

Coiro rexeitado na área e a bolea de Iago Aspas marcha moi arriba
Centro chut de Acuña que salva Marchesín. O vento case fai estragos na porta do Celta
Perdoa Oliver Torres o segundo do Sevilla!!!! Trocos no Celta; entran Carles Pérez e Luca de la Torre e marchan Cervi e Larsen
Cae Carles Pérez na área despois de chocar con Gudelj. O árbitro non pita penalti
Expulsado José Ángel. O central do Sevilla fixo merecementos para marchar moito antes
Carles Pérez tira desde a frontal rozando o traveseiro!!!!
Agora tócalle probar a Luca de la Torre. Tamén remata desviado
Remata o partido en Balaídos (1-1). O Celta acaba o ano con 13 puntos fóra de descenso. Moi boa primeira parte do equipo de Carvalhal pero a entrada de Lamela revolucionou o Sevilla que se fixo merecedor do empate.