Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iago Aspas colle a batuta e dirixe con mestría o Celta (3-0)

Iago Aspas colle a batuta e dirixe con mestría o Celta (3-0)

Dobrete do de Moaña, que xa vai aos once goles no campionato

Terceira xornada sen encaixar do cadro vigués

G24.gal 11/03/2023 17:04 Última actualización 11/03/2023 20:23

O Celta gaña con claridade grazas á brillantez de Iago Aspas. O inicio da segunda parte con dous goles en menos dun minuto acaba por decidir o partido. 

Minuto a minuto

Kevin e Seferovic ao campo. Saen Hugo, por sanción, e Larsen. O resto, os que empataron en Pamplona!!

Homenaxe ao gran capitán Hugo Mallo polos 300 partidos en Primeira

1

Que ocasión de Aspas!!!!! Antes do primeiro minuto de partido tivo Iago o 1-0

4

Gabri Veiga remata e paradón do porteiro vallecano

10

Falta que saca Lejeune rozando a escadra

23

Ocasión de Seferovic!! Volve ameazar o Celta despois de moitos minutos

31

Lejeune volve a intentalo de falta. Está a ser o máis perigoso do Raio

33

Agora é Carles Pérez o que ten a ocasión para o Celta. Mantense o empate

36

Ollo a Isi!!!! O Raio tamén sabe chegar en xogo combinativo

43

Outro achegamento do Raio co disparo de Álvaro. Domina o Celta pero os visitantes chegan con perigo

45

Descanso en Balaídos. Comezou moi ben o Celta con ocasións moi claras de Aspas e Gabri pero non puido abrir o marcador

46

Xa no segundo tempo. O Celta agarda ser máis efectivo cara a porta contraria

51

GOOOOOL de Aspas que remata á rede un centro de Javi Galán (1-0)

52

GOOOOOL do Celta (2-0). Seferovic inicia no límite do fóra de xogo e Pathé Ciss remata cara a súa propia porta. Houbo suspense pero o VAR ratificou o tanto

56

De Tomás ao poste. A mellor do Raio Vallecano ata o de agora

66

Outra de RDT que chapa un segurísimo Iván Villar

85

GOOOOOOL de Aspas!!!!! Non diga gol, diga IAGO ASPAS JUNCAL

 

88

Cervi tivo o cuarto!!!! Por centímetros non remata un envío de Larsen

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar