O Celta estrélase contra o muro do Mallorca (0-1)
O equipo vigués tivo a posesión (74 %) pero non xerou oportunidades
A mellor, un lanzamento de Tapia que se estrelou no traveseiro
Hugo Mallo foi expulsado por dobre cartón amarelo
Minuto a minuto
Xa temos equipo do Celta. Volven Gabri e Luca e .... Miguel Rodríguez será titular ocupando o sitio do "tocado" Carles Pérez

O XI do Mallorca. A ameaza é Muriqi
👹👹👹
— Real Mallorca (@RCD_Mallorca) April 17, 2023
𝟏𝟏 𝐝𝐞𝐥 𝐌𝐚𝐥𝐥𝐨𝐫𝐜𝐚#CeltaRCDMallorca pic.twitter.com/1Tqe3HD5WQ
Cooomeza o partido

Primeiros minutos. O Celta leva a iniciativa pero non consegue superar o muro defensivo do Mallorca
Clarísima de Ndiaye para o Mallorca!!!! Encara a Iván Villar pero cruza en exceso

0-1 Na primeira perdoou pero na segunda non. Anota Amath Ndiaye aproveitando un balón rexeitado na área

Cabezada moi centrada de Unai Núñez. O primeiro remate a portería do Celta
Disparo desde lonxe de Kang In Lee ás mans de Iván Villar
Outra moi clara para Amath Ndiaye. O dianteiro do Mallorca remata lixeiramente desviado
Agora quen remata alto é Gabri Veiga. Segue sen chegar con perigo o Celta
Descanso en Balaídos. A defensa do Mallorca impúxose ao ataque celeste

Carles Pérez e Paciencia ao campo. Quedan no vestiario Miguel e Seferovic

Muriqi avisa cun remate de cabeza que sae preto do pau
Máis movementos no Celta. Cervi e Larsen entran por Galán e Gabri Veiga. O Celta segue estrelándose contra o muro de Aguirre
Outro balón parado que remata o Mallorca. Desta volta Hadzikadunic
Isto é un "deja vú". De novo ocasión visitante con remate de Hadzikadunic. No Celta marcha De La Torre e entra Tapia

Pide penalti Larsen por un empurrón. No rexeite, remata Tapia e saca a defensa balear
Tapia ao longueiro!!!!! A mellor ocasión do Celta no partido

Cabecea Unai ás mans de Rajkovic
Expulsado Hugo Mallo por dobre cartón