Denis decide para o Celta no seu último encontro en Balaídos
O de Salceda de Caselas marcou o gol da vitoria e bicou o escudo na celebración
Aspas tivo ata catro ocasións moi claras pero non deu marcado e Juanmi recortoulle dous goles na loita polo Trofeo Zarra
Así valorou Coudet o partido e as ocasións de Iago Aspas
Minuto a minuto
Xa temos o equipo titular do Celta con Solari como gran novidade!!

Minuto de silencio polo expresidente do Celta José Luis Rivadulla e roda o balón en Balaídos
Que gran pase de Denis! Non foi quen de culminar Aspas coa perna menos hábil
Goooool de Denis en Balaídos!
No día da súa despedida do Celta fai o primeiro e bica o escudo na celebración. Na xogada anterior o Elxe reclamara penalti
Tentouno o Elxe de cabeza, saíu o balón por riba da trabe
Remate de Olaza dende lonxe que bate nun defensa celeste
Pegoulle Solari con rosquiña pero o seu remate marchou a rentes do pau esquerdo de Kiko Casilla
Ocasión de Brais!
Centro por baixo de Kevin dende a dereita e remate do de Mos que rexeita o cancerbeiro do Elxe
Ollo ao Elxeeeee... despexa Denis!
Paseouse o balón pola área logo dun centro dende a banda dereita
Pausa de hidratación en Balaídos
Que mal definiu o man a man Galhardo logo dun gran pase de Aidoo que o deixou só contra o porteiro
Remata Guido fóra logo dunha falta lateral
A máis clara do Elxe da primeira parte! Vaia ocasión acaba de ter Carrillo
Delicatessen de Aspas co calcaño que a piques estivo de ser o segundo celeste
Manda o Celta grazas ao gol de Denis nunha primeira parte de dominio celeste pero no que o Elxe gozou dalgunha opción para o empate
Cooomeza a segunda metade
Parou Kiko Casillaaaaa
Boa xogada do Celta, recibiu Aspas na área e logo de canear coa esquerda tirou coa esquerda e tivo que intervir o porteiro visitante
Gol anulado ao Celta por fóra de xogo
Deixara Galhardo para Aspas pero estaba o brasileiro en posición antiregulamentaria
Outra de Aspas que detén Kiko Casilla!
Segunda pausa de hidratación en Balaídos
Paradón de Dituro!!
Saque dende o curruncho e disparo forte e directo no rexeite ao que lle tivo que meter os puños o cancerbeiro celeste
E responde de novo Kiko Casilla ao terceiro asalto contra Aspas! Boa parada do cancerbeiro ao xute do moañés
E outra ocasión para Aspas que busca desesperadamente un gol que sentencie o Trofeo Zarra
Oooooutra de Aspas!
Desta quenda tocou nun defensor do Elxe e o balón non rematou na portería
Tívoa agora o Elxe!!!
Tocouna Dituro pero o colexiado sinalou saque de porta
Tete Morente... fóraaaaa
A piques de lograr o empate o Elxe
Fóoooraaaaaa
A enésima de Aspas hoxe mentres Juanmi leva dous co Betis e aperta o Zarra. Agora mesmo 16-17
Outro gol anulado ao Celta por fóra de xogo
Marcou Brais logo dun gran envío de Aspas pero estaba en posición antiregulamentaria
E outra máaaaais de Aspas que chegou canso á transición e tardou demasiado en tomar a decisión de definir. Acaba en córner
O Celta despídese de Balaídos cunha vitoria, e Denis despídese do Celta co gol do triunfo e bicando o escudo. Aspas tentouno moitas veces pero non foi quen de marcar e na loita polo Zarra queda só un gol por diante de Juanmi