Un golazo de Mingueza permítelle ao Celta abrir unha boa fenda co descenso
O catalán marcou cun lanzamento desde fóra da área no 73 (1-0)
O Almería xogaba con dez desde o minuto 65 por expulsión de Langa
Minuto a minuto
As gorxas do celtismo afínanse para apoiar o equipo nunha cita tan sinalada. Visita Balaídos o pechacancelas do campionato, un Almería que aínda non conseguiu gañar ningún partido. Un rival propicio para que o cadro vigués acade tres puntos e poida ver a clasificación con moita máis tranquilidade. Comeza a xornada con tres puntos de marxe sobre o descenso, unha distancia que agarda ampliar ao remate da mesma
Non podemos esquecernos das baixas, moi importantes tanto no centro do campo como na dianteira. Tapia está mancado e Iago Aspas non pode xogar por sanción. Estaremos antentos ao once de Rafa Benítez
Equipo do Almería: Maximiano: Pubill, Edgar, Radovanovic, Langa: Robertone, Baba; Luka Romero, Jonathan Viera, Embarba e Lozano
O XI do Celta: Regresa Bamba logo da súa participación na Copa de África. Douvikas e Larsen como parella de dianteiros. Mingueza é o substituto de Tapia. Equipo ofensivo o que saca Benítez

A aliñación do Celta queda na historia. O último partido sen ningún canteirán no Celta foi o 6-12-08 diante de As Palmas. Desde aquela, cando menos un xogador formado na Madroa estivo no equipo titular ata hoxe

Homenaxe na previa do partido a Iago Aspas polos seus 200 goles coa camisola do Celta. Hoxe non poderá estar no terreo de xogo

Partido en xogo!!!

Cabezada do capitán Starfelt que se vai desviado. O Celta domina!!!
Córner directo de Fran Beltrán que saca con problemas Maximiano. O perigo só chega a balón parado
GOOOOOOOOL de BAAAAMBA. Mingueza atopa a Luca, deixa a Bamba que marca o primeiro!!! Anulado por fóra de xogo anterior de Fran Beltrán despois de ser revisado polo VAR

Strand Larsen entra na área pero curta Radovanovic. Chove arreo en Balaídos e non houbo achegamentos claros despois do gol anulado
Dobre ocasión de Langa para o Almería!!!!! O primeiro remate vai ao pau e no seu propio rexeite remata fóra por moi pouco
Golpe terrible na cabeza a Luka Romero dun compañeiro. O xogador vai ter que marchar do partido

Probou sorte Douvikas e sacou Maximiano
Cae Manquillo na área!!!!!! O colexiado non sinala nada. Unha acción moi polémica

Descanso!! Dúas accións polémicas para o Celta co gol anulado a Bamba e o posible penalti a Manquillo. O Almería amosou moi pouco en ataque pero tivo a mellor ocasión do partido nas botas do lateral Langa
Segunda parte en xogo!!! Informan que Luka Romero sufriu un desprazamento de mandíbula e vai camiño do hospital
Remate de Starfelt e logo achegamento de Luca de la Torre. O Celta volve comezar con forza e cunha presión moi alta

Proba sorte Bamba pero o remate a ras de chan marcha desviado
Acoso do Celta sen derrubo. Douvikas, Bamba, Luca ... Os tres proban sorte pero non atinan. E entra Allende no lugar de Douvikas
Expulsado Langa con cartón vermello directo por unha entrada a Bamba

Centra Mingueza e salva Pubill antes de que remate Bamba a carón da portería
1-0 GOOOOOOOLAZO de Mingueza. Gran disparo desde fóra da área de Mingueza que entra despois de petar no pau
Gran manobra de Strand Larsen pero salva Maximiano no último intre!!
Vai quedar con 9 o Almería porque Baptistao sufriu unha escordadura de nocello e non pode correr
Marcha Mingueza e entra Hugo Álvarez. Ovación para o autor do gol

Outro paradón de Maximiano despois do remate de Strand Larsen. Merece o segundo o Celta
FINAAAAL. Celebra o triunfo o Celta que lle permite abrir unha fenda de seis puntos co descenso e mételle moita presión aos perseguidores. Chegou cun golazo de Mingueza no 73'