O empate do Cádiz no último suspiro evita un triunfo vital do Celta (2-2)
Aspas e Swedberg adiantaran o equipo de Benítez cun 0-2 no minuto 58
Juanmi recortou diferenzas e Darwin Machis atopou premio á insistencia cadista no 99
Minuto a minuto
Un partido que pode valer unha permanencia para o Celta. O Cádiz marca o posto de descenso e está a tres puntos dos vigueses. Un triunfo faría que a distancia se vaia aos seis puntos máis a diferenza de goles. O empate mantén todo tal e como está e a derrota complica a situación porque metería o equipo de Benítez en descenso.
Xa temos o XI do Celta. Mantén a Larsen e a Aspas na dianteira. Muda a defensa coa entrada de Manquillo, Unai e Manu Sánchez
𝐗𝐚 𝐭𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐗𝐈 do @RCCelta
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) February 25, 2024
🆚 @Cadiz_CF
⌚ 12:00
🔁 Trocos na defensa coa entrada de Manquillo, Unai e Manu Sánchez
Podedes escoitalo en https://t.co/ms4dnIDSLK
Ou seguilo no noso minuto a minuto 📲 https://t.co/vFy5kn5hX5 pic.twitter.com/vfnzXQBNIg
O equipo do Cádiz será o formado por Conan; Javi Hernández, Chust, Meré, Iza; Escalante, Alcaraz, Navarro, Sobrino; Juanmi e Maxi Gómez
Xogadores no terreo de xogo. Vai principiar o encontro!!!
Primeiro achegamento do Cádiz. Sobrino centra desde a dereita, rexeita Guaita e acaba rematando alto Juanmi pero semellaba estar en fóra de xogo
Insiste o Cádiz. Centro sobre a área que acaba rematando Iza moi desviado
0-1 GOOOOOOOOOOOL DE IAGO ASPAS!!! Centra Luca, deixa pasar Larsen e Aspas axusta o remate pretiño do pau

Proba sorte Juanmi desde lonxe. O Celta sufriu nos primeiros minutos pero comeza a controlar o partido
Tadeo Allende!!!!! Apertura de Beltrán cara a arxentino que proba sorte cun tiro en diagonal

Maxi Goméz!!!! Cabezada do ex xogador do Celta que saiu preto do pau
Rozou a escadra o remate de Juanmi!!!! Outra boa ocasión para o Cádiz
Voou Guaita para sacar unha falta de Rubén Alcaraz
Tempo de lecer cunha última caída de Maxi Gómez na área. Non pita nada Ortiz Arias

Comeza a segunda metade!!!!
Guaita!!!!! Paradón no remate de Rubén Alcaraz. Está moi acertado o porteiro do Celta
Agora é Iza o que remata alto. Volve saír o Cádiz moi forte neste segundo tempo
Mancado Tapia!!! Entra no seu lugar Jailson. Tamén entra Swedberg por Allende
0-2 GOOOOOOOOOOOOL DE SWEDBERG. Levaba un minuto no campo e aproveitou unha xogada á contra para marcar o segundo gol!!!!!

1-2 Gol do Cádiz. Remata Juanmi un centro malia que Guaita a piques estivo de deter o seu remate

Caeu Larsen na área. Quéixase dun golpe de Róbert Navarro
Cartón a Aspas. Non poderá xogar a vindeira xornada
Moi clara de Juanmi!!!! Non agardaba que lle chegase o coiro e o seu remate acabou na man de Guaita
Alcaraz recibe na área pero Starfelt evita o remate no último intre
Remate de Sergi Guardiola á saída dun córner que se vai moi desviado
Guaitaaaa!!!!! Salvou o empate do Cádiz no último intre!!!
2-2 Gol de Darwin Machís. Na última xogada do partido empata o Cádiz