O Deportivo, eliminado da Youth League na quenda de penaltis
O Deportivo, eliminado da Youth League na quenda de penaltis
O partido rematou con empate (2-2) logo de que os deportivistas xogasen con dez durante unha hora
Minuto a minuto
Xa temos equipo do Deportivo xuvenil para a eliminatoria da Youth League
Esta é a aliñación d #osnosos rapaces para o #DéporDinamoKiev da @UEFAYouthLeague, ás 19:00 h. en #ABANCARIAZOR e en 📺 @vamos pic.twitter.com/hrXX0g2byA
— RC Deportivo (@RCDeportivo) February 9, 2022
Unha tarde das grandes en Riazor. Case 20.000 persoas para ver un partido de xuvenís. Eliminatoria a partido único, o que gañe pasa aos oitavos de final. O Dinamo de Kiev arrasou no seu grupo no que estaban o Bayern, o Barcelona e o Benfica.

1-0 GOOOOL DE NÁJERA. Xogadón de Yeremay que culmina Mario Nájera

1-1 Empata o Dinamo cun remate de Tsarenko. Sete minutos e xa levamos dous goles
Avisa Noel cun remate cruzado que sae pegado ao poste!!!
2-1 GOOOOOOOOL de Rubén López que aproveita un erro monumental do porteiro ucraíno

Mella vaise pola esquerda e o seu centro remátao arriba Yeremay. O Deportivo, moi superior ao Dinamo de Kiev
Expulsado Rubén López, o autor do segundo gol, por dobre cartón amarelo

Mella volve tola á defensa do Dinamo e está a piques de marcar o terceiro. Treito final da primeira parte
Vaia espectáculo no tempo de lecer coas Tanxugueiras!!!
Paradón de Brais que manda a córner un remate cruzado!!!!
2-2 Golazo de Yatsyk que empata cun lanzamento desde fóra da área
Espectacular intervención de Brais que salva o terceiro gol do Dinamo de Kiev
FINAAAAAL do partido. A eliminatoria irá á quenda de penaltis (2-2). Gran partido do Deportivo que aguantou durante case unha hora cun xogador menos
ELIMINADO o Deportivo!!! Pasa o Dinamo de Kiev logo de tres erros dos xogadores coruñeses na lotaría dos penaltis (2-3)