O Celta mantén o pleno de puntos en Balaídos (3-1)
Derrotou o Valladolid con goles de Hugo Álvarez, Borja Iglesias e Douvikas
Minuto a minuto
Ás 14:00h comeza o partido de Balaídos entre o Celta e o Valladolid. Xa coñecemos o once inicial de Claudio Giráldez para o partido. Volve Guaita á portería e estarán no campo Hugo Sotelo e Pablo Durán.
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#CeltaRealValladolid ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/4Vv6LmxLvs
— RC Celta (@RCCelta) September 15, 2024
E xa temos tamén o XI inicial que vai presentar o Valladolid:
ONCE ▪ 1️⃣1️⃣
— Real Valladolid C.F. (@realvalladolid) September 15, 2024
¡Nuestra alineación para Balaídos!#CeltaRealValladolid pic.twitter.com/DBzWeAF8q4
Comeza o partido!!!!!

Córner a prol do Celta que tenta tocar Jailson e sae a rentes do pau. Primeiro aviso
O Celta leva a iniciativa pero é complicado xerar perigo diante dun Valladolid que propón pouco e busca un ritmo moi baixo de encontro

1-0 GOOOOOOOL DE HUGO ALVAREZ. Entra na área, combina con Durán, tira un cano e marca de remate cruzado
Primeiro Borja Iglesias e despois Jailson estrelan os remates contra a defensa do Valladolid
GOOOOOOOOOOL do Celta!!!! Borja Iglesias aproveita o rexeitamento despois dun remate de Aspas e amplía a vantaxe dos vigueses. Celta 2-0 Valladolid
Descanso en Balaídos. Celta 2-0 Valladolid

Non lle gusta como van as cousas a Pezzolano. Mete tres trocos no equipo
Hugo Álvarez proba desde a frontal da área. Chapa o porteiro do Valladolid
2-1 GOL DE RAÚL MORO. Un dos trocos do descanso aproveita unha xogada pola esquerda para superar a Guaita. Hai partido
Jailson recibe un golpe no ombreiro e ten que ser atendido. Douvikas prepárase para entrar no partido no lugar de Borja Iglesias. Tamén entra Damián por Sotelo
Pelexan Douvikas e Aspas por un remate na área do Valladolid. Sen éxito

Aviso do Valladolid. Meseguer -rexeitado- e Lucas Rosa -desviado- rematan sobre a porta de Guaita
Jailson non aguanta do ombro. Ao campo Marcos Alonso. Tamén Swedberg por Durán
Douvikas ... Saca Hein a córner. Puido chegar o terceiro
Centra Raúl Moro e non chega Latasa por moi pouco. O Valladolid, á procura do empate
Queda con 10 o Valladolid. Expulsado por vermello directo Mario Martín por unha entrada sobre Williot
Gol de Javi Rodríguez ... O canteirán aproveita un rexeite do porteiro do Valladolid para sentenciar o encontro. A xogada é revisada polo VAR e anulada por fóra de xogo anterior de Marcos Alonso
Vaise Javi Rodríguez, entra Aidoo
3-1 GOOOOOOL DE DOUVIKAS. Agora sí. O grego recibe en profundidade e marca o da tranquilidade
Remata o partido en Balaídos. O Celta suma a terceira vitoria, todas elas en Balaídos onde mantén o pleno de puntos