O Celta non pode coa Real Sociedade en Balaídos
Iago Aspas igualou o gol inicial de Illarramendi aproveitando un erro defensivo da Real
Zubeldia marcou o 1-2 definitivo á saída dun córner na segunda metade
Minuto a minuto
Xa está todo preparado en Balaídos para o partido da novena xornada entre o Celta e a Real Sociedade
Este é o XI inicial de Imanol na Real Sociedade. Brais Méndez será titular
📋 ¡La 𝗔𝗟𝗜𝗡𝗘𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 de la Real 🆚 @RCCelta!#CeltaRealSociedad | #AurreraReala pic.twitter.com/wwieVCGieF
— Real Sociedad Fútbol (@RealSociedad) October 16, 2022
E este é o XI inicial de Eduardo COudet na súa volta ao banco de Balaídos
📋✅ O noso 𝗫𝗜 inicial 🆚 @RealSociedadEUS!#CeltaRealSociedad #Nohay2sin3 pic.twitter.com/zoIQP6R3ZJ
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) October 16, 2022
Comeza o partido en Balaídos. Celta 0-0 Real Sociedade
Hugo Mallo e Aihen chocan coas cabezas e teñen que ser atendidos. Cunha aparatosa vendaxe, Hugo Mallo parece que pode volver. Prepárase Diego Rico na Real para ser o primeiro cambio
Outra interrupción. Agora é Zubeldia quen precisa atención médica. Aihen segue no campo pero continúa quecendo Diego Rico
O partido non colle ritmo. Aihen volve ter problemas, agora musculares, e acaba sendo cambiado por Diergo Rico
0-1 Gol da Real Sociedade. Illarramendi abre o marcador cun remate desde a frontal
1-1 Gooooool do Celta. Empata Iago Aspas aproveitando un erro de Zubimendi
Estamos no tempo engadido da primeira metade, que han ser 8 minutos
Descanso en Balaídos. Celta 1-1 Real Sociedade
Lanzamento de Gabri Veiga que atrapa o porteiro da Real
Remate de Iago Aspas desde a frontal que marcha desviado
Ocasión clara da Real. Remata Mikel Merino, toca Marchesín e acaba botando Galán a córner
1-2 Gol da Real Sociedade. Zubeldia remata o córner á rede
Dispara Cervi desde lonxe, por riba do traveseiro
Remata Carles Pérez, Remiro despexa a córner
Sorloth e Barrenetxea gozan dunha dobre ocasión á saída dunha falta, acaba detendo o balón Marchesín
Remata Carles Pérez desde a frontal, rexeita a defensa
Final do partido en Balaídos. Celta 1-2 Real Sociedade. Tras o asubío final protestaron os xogadores do Celta e foi expulsado Gonzalo Paciencia