O Celta despexa as pantasmas remontando dous goles contra o Betis (3-2)
Fran Beltrán, Javi Rodríguez e Williot déronlle a volta ao partido en 25'
O equipo vigués queda con 28 puntos, e escala na táboa
Minuto a minuto
Ás 14:00h comeza o partido de Balaídos. Celta-Betis
Este é o XI inicial de CLaudio Giráldez para o partido
Destaca a presenza de Íker Losada como titular
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#CeltaRealBetis ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/NhPsrdlFH9
— RC Celta (@RCCelta) February 8, 2025
E este é o XI do Betis
💚🤍💚
— Real Betis Balompié 🌴💚 (@RealBetis) February 8, 2025
¡Nuestro once inicial para el #CeltaRealBetis!#DíaDeBetis pic.twitter.com/lqGJ8Fyybo
Comeza o partido en Balaídos: Celta 0-0 Betis
Primeiro remate entre os paus do partido. Faino Marc Roca para o Betis, e para Guaita
Volve avisar o Betis e volve responder Guaita cunha gran parada, pero a acción estaba invalidada por fóra de xogo
Reamata Pablo Durán desde dentro da área, para Adán
Gol do Betis. Colle o balón Antony dentro da área, e marca cun remate axustado xusto onde non podía chegar Guaita. Celta 0-1 Betis
Cabezada de Bakambu, sen problemas para Guaita
Gol do Betis. Marca Diego Llorente o 0-2 á saída dun córner
Gran ocasión do Celta, pero o remate de Íker Losada desde a frontal marcha pegado ao pau
Outro remate de Mingueza, fóra
Jesús Rodríguez entra ata a área pequena, e a pelota acaba en córner no último momento
Bakambu remata o córner contra o traveseiro
Volve rematar Jesús Rodríguez, outra vez contra o traveseiro
Remata Mingueza desde a frontal, o balón acaba en córner
Dobre ocasión clarísima do Celta á saída do córner, primeiro remata Javi Rodríguez e rexeita Adrián; xusto despois, Pablo Durán remata fóra diante do porteiro
Descanso en Balaídos. Celta 0-2 Betis
Comeza a segunda metade en Balaídos co 0-2 a prol do Betis
Falta a prol do Celta na frontal, dispara con forza Mingueza, e o balón rexeitao a barreira
Córner a prol do Betis, xogada de estratexia que remata Jesús Rodríguez, e o balón marcha outra vez a córner
GOOOOOOOOOL do CELTA. Fran Beltrán remata pola escadra desde a frontal para acurtar diferenzas. Celta 1-2 Betis
GOOOOOOOOOOOL do CELTA!!! Javi Rodríguez empuxa na liña de gol un balón que Pablo Durán non atinou a rematar. Empata o Celta, 2-2!!
Abde, que acaba de entrar no campo, protagoniza a súa primeira boa ocasión do partido, pero o seu remate marcha fóra
Centro chut de Abde con moito perigo, saca Guaita a córner
GOOOOOOOOOOL do CELTA. Williot Swedberg remata desde o punto de penalti para culminar a remontada do equipo vigués. Celta 3-2 Betis
FINAAAAAAAL do partido en Balaídos. Remontou o Celta diante do Betis, nunha segunda metade espectacular. O equipo vigués suma 28 puntos e acaba coa mala serie