Mina non acerta o penalti e o Celta non pasa do empate (0-0)
Nun partido case sen tiros a porta, os dous porteiros foron decisivos
Dituro salvou aos celestes en dúas ocasións e Ledesma detivo o penalti a Santi Mina
A afección amarela botouse a rúa pra tratar de darlle pulo o Cadiz e de paso intimidar ao Celta.
Pero un vez dentro do Nueva Mirandilla co que se encontrou foi partido de bocata e litrona. Un partido cheo de precaucións, tímido en ideas e escaso en ocasións. Un partido deses que un aproveita no sofá pra ir tirando algunha cabezada e, entre durmida e durmida, non perde nada.
Da primeira parte rescatamos ese tiriño do Choco Lozano. Imaxinen como foi... e da segunda, dous momentos. As xogadas claves do partido. Pro Cádiz estivo nun saque de banda de Luís Fernández, na deixada de Negredo e nas botas de Lozano. Dituro estivo colosal. Salvador. Minuto 57.
E a do Celta chegou contra o final. No 82. Aí Mina tirou proveito dunha cesión de Espina e estivo listo. O árbitro -Mateu Lahoz- indicou penalti na acción do porteiro Ledesma. Os locais protestaron. Reclamaron xógo perigoso do propio Mina. Nada de penalti. Tras dous minutos de protestas, tirou Mina... e fallou. E aí acabou o salientable. 0-0 en Cádiz.
O Celta volve cun punto, que suma mais -polo ofrecido- non satisface. Coa portería a cero por terceira vez nos últimos catro partidos e coa dúbida de Orbelín Pineda. Que pasa con Pineda? Coudet quéixase dun cadro curto e o mexicano -un mes despois- segue sen debutar.
Minuto a minuto
O Celta busca á hora do xantar unha vitoria que siga confirmando a mellora competitiva dos celestes nos últimos 6 partidos, para seguir mirando cara a Europa.
Na ida os gaditanos tombaron Balaídos, gañaron 1-2 na quinta xornada de liga. O panorama agora é ben distinto, o Cádiz é o peor local da categoría, aínda non gañou no seu feudo, e está nos postos de descenso.
Coudet repite a aliñación que lle gañou ao Raio Vallecano a pasada semana. Coa única excepción de que entra Néstor Araújo por Carlos Domínguez no centro da defensa.
𝐀𝐋𝐈𝐍̃𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 👥💙 Os nosos!#CádizCelta #RCCelta pic.twitter.com/ZP00BrTmhR
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) February 12, 2022
Roda o balón en Cádiz, primeiro balón para o Celta logo do minuto de silencio en honra de Francisco Márquez Veiga
"Luis arregla el VAR", a pancarta do Novo Mirandilla.
Tres minutos de posesión ininterrompida do Celta. E a presión de Santi Mina que a piques estivo de provocar un problema no gardamallas Ledesma.
Bo inicio dos celestes
Atrapou Dituro o centro lateral do 'Pacha' Espino!
Falta perigosa a prol do Cádiz na frontal da área, tocou en Brais e será córner.
Despexa o Celta sen perigo
Falta perigosa a prol do Celta! Derrubado Cervi na frontal...
Petou na barreira o disparo de Denis
Cartón amarelo a Cervi por unha entrada por detrás a Salvi Sánchez
Dúas consecutivas do Cádiz!
Os dous remates detívoos sen perigo Dituro, pero xerando perigo os gaditanos con centros laterais polos dous costados. Remataron Negredo e Choco Lozano
Mancado Hugo Mallo, tirouse ao chan o capitán celeste, quece por se acaso Kevin Vázquez. Apunta a problema muscular.
En principio parece que pode continuar, segue sobre o céspede
Córner para o Celta que marcha sen perigo, pero bo achegamento celeste
Recuperación de Aspas e o propio moañés que acabou pisando liña de fondo e obrigou á defensa gaditana a despexar o perigo
Tentouno Aspas!
Aproveitou un despiste de Chust e non dubidou en disparar, pero non conectou ben co balón
Perdóalle o colexiado o cartón amarelo a Galán
Tempo de lecer no Novo Mirandilla
Poucos achegamentos de perigo dos dous equipos nun partido moi defensivo
Hugo mallo deu o susto e ameazou cun problema físico pero seguiu xogando, veremos se sae na segunda parte
Seareiros celestes hoxe en Cádiz!
Comeza a segunda metade, entrou Solari por Franco Cervi, segue Hugo Mallo
Providencial Aidoo!!
Xogada perigosa de Idrissi pero o seu disparo bateu no Ghanés, empezou con perigo o Cádiz estes segundos 45 minutos
Cartón amarelo a Javi Galán, é o segundo dos celestes no partido
QUE PARADÓN DE DITURO AO DISPARO DO CHOCO LOZANO!
Salvou ao Celta con esa parada!
😱 ¡Qué mano salvadora de @DituroMatias!#CádizCelta #LaLigaSantander pic.twitter.com/d0qogHo8uU
— LaLiga (@LaLiga) February 12, 2022
Boa contra o Celta pero Brais non foi quen de ceder o pase da morte a Mina
Triple troco no Cádiz, entra Lucas Pérez entre eles
Boa xogada de Galán pola esquerda e outra vez o Celta que non é quen de concretar o último pase, unha constante hoxe
Moita tensión agora no partido, semelle máis atrevido o Cádiz, pero ningún quere cometer erros e perder o punto
Entran Tapia e Galhardo por Denis e Aspas, dobre toco no Celta
PENALTI A PROL DO CELTA
Relaxación entre a defensa e o porteiro de Cádiz, moi listo Mina que a toca e Ledesma derruba ao dianteiro vigués.
Non acerta Santi Mina, paroullo o propio Ledesma
Protesta moito o Novo Mirandilla unha falta de Jonsson a Fran Beltrán.
Era perigosa para o Celta, pero moi defectuoso o envío de Galán
Córner para o Celta cando teremos 3 minutos de engadido
OUTRO PARADÓN DE DITURO PARA SALVAR O CELTA
Pide penalti a bancada do Novo Mirandilla porque na continuación da xogada golpeou ao futbolista do conxunto gaditano
GALHARDO!
Que final de partido! Tremendo. Tívoa o brasileiro pero estaba en fóra de xogo