O Celta recibe un castigo excesivo no Metropolitano
Os vigueses perderon por 4-1 nunha segunda parte en que non tiveron acerto nas áreas
Ata o descanso tiveron serias opcións de equilibrar o marcador
Minuto a minuto
O Celta visita o Metropolitano a partir das 21:00h. Estas é a aliñación do equipo vigués, coa entrada de Larsen polo mancado Óscar Rodríguez
📋✅ O noso 𝗫𝗜 inicial 🆚 @Atleti!#AtletiCelta #LaLiga pic.twitter.com/MGj8ESnVGb
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) September 10, 2022
E este é o XI titular do Atlético de Madrid. Oblak non se recuperou a tempo e cae da convocatoria.
XI ❤️🤍 pic.twitter.com/QBXF0OHnG3
— Atlético de Madrid (@Atleti) September 10, 2022
Comeza o partido no Metropolitano
Comeza atacando o Celta. Hugo Mallo remata un córner pero topa con Grbic
Gol do Atlético de Madrid. Correa culmina unha boa xogada e bate a Marchesín para establecer o 1-0
Non se rende o Celta. Xusto despois de recibir o primeiro gol, Iago Aspas remata ao pau
Domina o Atlético de Madrid pero sen crear ocasións claras. Os de Simeone pediron un penalti nunha caída de Morata
Larsen remata ao lateral da rede en posición moi xusta. O árbitro indica fóra de xogo
Descanso no Metropolitano. Atlético de Madrid 1-0 Celta. Vale o gol de Correa
Comeza a segunda parte no Metropolitano co 1-0 a prol do Atlético de Madrid
Marchesín rexeita un perigoso remate de Correa
2-0 Gol do Atlético de Madrid. Remate de Rodrigo de Paul que peta en Unai Núñez e supera a Marchesín
Gol do Atlético. Yannick Carrasco marca o 3-0 logo dun bo movemento na área e dun remate ao primeiro pau de Marchesín
Goooooool do Celta. Iago Aspas asiste a Gabri Veiga, e o canteirán estréase como goleador en Primeira marcando o 3-1
Gol do Atlético. Matheus Cunha colle o balón en campo propio, conduce o balón ata a área e o seu remate, logo de tocar en Unai Núñez, acaba subindo ao marcador. 4-1
O Celta busca o seu segundo gol nos catro minuto que está a engadir o árbitro
Final do partido no Metropolitano. O Atlético impúxose por 4-1 grazas ao seu acerto rematador na segunda metade. Gabri Veiga notou o gol dos vigueses.