Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Asturias mantense a recomendación de usar máscara en interiores polo nivel alto de contaxios

En Asturias mantense a recomendación de usar máscara en interiores polo nivel alto de contaxios

A iniciativa pretende evitar que aumenten os casos, xusto na semana en que deixou de ser obrigatoria

En Cantabria tamén se aconsella facer uso desta medida de precaución

G24.gal 24/04/2022 14:52

Visitamos a comunidade asturiana e comprobamos que a máscara continúa sendo un complemento habitual.

Predominan os que usan a máscara sempre, tanto na rúa coma en interiores.

En Asturias o nivel de risco é alto e o Principado xa tratou co Ministerio de Sanidade varias medidas, como a realización de probas diagnósticas e o illamento para os positivos.  

Só no exterior se ven caras libres de máscaras. 

Cuestión de posibilidades e de fronteiras, porque en Galicia poñer a máscara é unha decisión persoal, mentres que en Asturias é recomendable en interiores.

Unha medida de precaución que tamén afecta a Cantabria, que igualmente recomenda usar a máscara a pesar de que o Goberno central non establece a obrigatoriedade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade