Publicador de contidos

Publicador de contidos

Persoal de Inditex sae á rúa para esixir subas salariais e condicións laborais "dignas"

Persoal de Inditex sae á rúa para esixir subas salariais e condicións laborais "dignas"

As protestas tiveron lugar diante de varias tendas do grupo en diferentes cidades españolas

O paro prodúcese tras o acordo alcanzado en Galicia para mellorar salarios tras varias xornadas de protesta

G24.gal 07/01/2023 20:34 Última actualización 07/01/2023 20:57

Centos de persoas, empregadas de Inditex, protestaban este sábado, en pleno inicio das rebaixas, ás portas de varias tendas do grupo en distintas cidades españolas. Esixen unha suba salarial e melloras nas condicións laborais. 

A xornada de paro foi convocada polo sindicato CGT (Confederación Xeral do Traballo), para quen os traballadores de Inditex decidiron "dar un paso á fronte ante a precariedade".

"Coa situación económica que hai, os beneficios de Inditex repártense só entre a xunta de accionistas e os directivos. As traballadoras reivindican unha suba salarial como xa conseguiron as compañeiras na Coruña, que se dean conta de que as traballadoras e os traballadores somos o motor principal nas tendas e que necesitamos as subas salariais e as axudas sociais que ten a xente tanto no norte coma nos postos de dirección", di  Aníbal Maestro, secretario da sección estatal de CGT en Zara.

As concentracións prodúcense tras o acordo alcanzado en Galicia a finais de decembro para a suba dos salarios do persoal das tendas, tras varias xornadas de protestas.

Pola súa banda, CCOO e UGT anunciaron esta semana que comezarán a negociar con Inditex, a finais de xaneiro na mesa estatal, medidas globais en materia salarial que compensen o impacto da inflación en todas as empresas do grupo e en todos os territorios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade