Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empeza o Entroido na Ribeira Sacra co Domingo Lambedoiro

Empeza o Entroido na Ribeira Sacra co Domingo Lambedoiro

Os personaxes do Entroido Ribeirao desfilaron por Chantada e cruzaron polas hortas de Santiago de Arriba para cumprir coa tradición

G24.gal 01/02/2026 19:07 Última actualización 01/02/2026 19:51

Volantes, maragatos ou peliqueiros e mecos percorreron a parroquia de Santiago de Arriba, en Chantada, o berce do Entroido Ribeiao, para celebrar unha das tradicións máis antigas e coloridas.
 

"É colorido porque estamos chamando á primavera, e despois do inverno, a primavera trae color, sobre todo co inverno que estamos a sufrir", explica Marisé Rey, organizadora do Entroido Ribeirao.

"Coma este haino en pouco sitios, que se fagan os oficios, fanse operacións e outras cousas para facer rir á xente", di un dos participantes.

Este carnaval estivo a piques de desaparecer pero algúns veciños conservaron unha tradición moi vinculada co agro e a natureza. Por iso, os personaxes deste entroido teñen que pisar as hortas.

"O noso personaxe decíase que fertilizaba as hortas e por iso facemos o cruzamento das hortas, para favorecer a colleita". "Os maiores cruzan as hortas, nós os pequenos imos pola parte de arriba", contan os personaxes do Entroido.

O reto é conseguir que os máis pequenos continúen con esta celebración.

"Eu levo vestíndome desde os tres anos, teño 30. Pasa de pais a fillos e de avós a netos". "É un Entroido familiar, está moi ben", din os personaxes do Entroido.

Este domingo contaron coa presenza de máscaras doutros carnavais ancestrais como o de Viana do Bolo, o de Salcedo, o de Sobradelo e o de Budián.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos