Cargando resultados...
Empeza en Valencia o xuízo contra o autor confeso da desaparición de Marta Calvo
Palma terá que responder ante un xurado popular como presunto autor do asasinato de Marta Calvo e dúas mulleres máis, Arliene Ramos e Lady Marcela
Os pais da vítima piden para o acusado prisión permanente revisable e a fiscalía 130 anos de prisión

G24.gal
13/06/2022 08:01
Este luns empeza na Audiencia de Valencia o xuízo a Jorge Ignacio Palma, autor confeso da desaparición da moza Marta Calvo en 2019.
Palma terá que responder ante un xurado popular como presunto autor do asasinato de Marta Calvo e dúas mulleres máis, Arliene Ramos e Lady Marcela.
Os pais da vítima piden para o acusado prisión permanente revisable e a fiscalía 130 anos de prisión. O xuízo prolongarase ata mediados de xullo.