Cargando resultados...
Empate sen goles que non afasta o Arousa do descenso
Os de Xurxo Otero quedan décimo cuartos a dous puntos do Arenteiro, conxunto que marca a zona de tranquilidade
G24.gal
13/03/2022 18:57
Nun partido marcado polo estado do céspede da Lomba, enlamado e choupado pola chuvia, Arousa e Avilés protagonizaron un partido de loita, moi físico.
Na primeira parte o cadro avilesino gozou de tres grandes ocasións para abrir o marcador. Os arlequinados resistiron e marchamos ao descanso co resultado de 0-0. Nos segundos 45 minutos, os dous equipos tiveron opcións de marcar algún gol, o Arousa intentouno especialmente nos derradeiros intres, cun remate dunha falta lateral.
Pero o marcador non se moveu, un punto que non resolve nada para ningún dos dous equipos.