Publicador de contidos

Empate sen goles entre o Coruxo e o Compostela

Empate sen goles entre o Coruxo e o Compostela

G24.gal 07/11/2021 18:41

Coruxo e Compostela empataron sen goles nun partido moi táctico e con poucas opcións de gol. O Compostela entrou mellor no partido e nos primeiros dez minutos tivo tres achegamentos de perigo. Pero o Coruxo reaccionou, dominou ata o descanso e fallou boas ocasións nas botas de Borja Domingo e Silva. 

Na segunda metade o Compostela reforzou o centro do campo e cambiou a dinámica do encontro. Sufriu menos pero as oportunidades foron poucas. A mellor, un remate de Escudero que se foi desviado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos