Emocionante e divertida despedida dos tres capitáns do Lugo
Seoane deixa o fútbol para dedicarse aos cabalos, Pita segue vencellado ao club e Iriome quere seguir xogando
Emocionante e divertida despedidad dos tres capitáns do Lugo. Pita non puido conter as bágoas
"A palabra é orgullo. Conseguimos un ascenso imborrable que catapultou ao club"
A despedida dos 3 capitáns do Lugo tivo momentos divertidos:
Saqués: "Sempre contaba coa súa opinión pero case nunca a compartía"
Pita: "Os títulos de adestrador aínda non os teño"
Seoane: "Falei co presidente para buscar algo pero non o atopamos"
O adeus dos tres capitáns marca o final dunha época dourada do Lugo. Algo máis dunha década porque Carlos Pita xa estaba no equipo que ascendeu con Setién a Segunda División, en Cádiz en 2011. Era a primeira temporada do mediocentro coruñés e habían vir moitas máis na categoría de prata, de onde xa nunca baixou.
Con Fernando Seoane formou un tándem para a historia albivermerlla. O compostelán xa estivera en 2009 e regresou despois previo paso polo Nástic. Con 39 anos e 11 temporadas é outro dos piares deste Lugo asentado na Segunda División, non sen esforzo e sufrimento. Seoane viviuno especialemente coas permanencias agónicas destas dúas últimas temporadas.
Igual que Iriome González, tinerfeño pero lugués de adopción. Ultimamente tamén sufriu polas lesións, pero ao longo de oito temporadas brindou goles no Anxo Carro, as temporadas máis prolíficas, con Setién e Francisco.