Cargando resultados...
El Español acusa a Pedro Sánchez de amañar as primarias de 2017
Acusa o seu equipo de usar votos falsos cambiando actas e alterando os censos
G24.gal
17/02/2026 21:17
Uns novos whatsapps publicados por El Español apuntan que Pedro Sánchez e os seus colaboradores intentaron amañar as primarias de 2017 con votos falsos cambiando actas e alterando os censos.
E cita en concreto catro cidadáns rumanos.
Nas mensaxes intervidas, Koldo García ordénalle á súa exparella que manipule votos nas primarias que Sánchez lle gañou a Susana Díaz e Patxi López.
El Español tamén publica outras mensaxes que vinculan o presidente do Goberno e a súa muller nunha trama de influencias con empresas como Air Europa.
Nos whatsapps empréganse nomes en clave como "Deus" para referirse a Sánchez.