Ecoloxistas presentan a denuncia contra a Xunta por "prevaricación" no proxecto GS360
Os ecoloxistas consideran que estes feitos son constitutivos de "un delito de prevaricación administrativa urbanística"
O coordinador da Federación Galega de Ecoloxistas en Acción, Eloy Pérez, acusou este mércores na Coruña ao Concello de Mos (Pontevedra) de facer "trampas" para levar a cabo o proxecto da Cidade Deportiva do Celta -GS360- e tamén o considerou un "exemplo de prevaricación da Xunta", a cuxo Consello denunciaron ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Ecoloxistas en Acción presentou no alto tribunal galego a denuncia que anunciaran contra o Consello da Xunta de Galicia por un suposto delito de prevaricación en relación coa cidade deportiva do club vigués por declarar o proxecto de interese autonómico.
Os ecoloxistas consideran que estes feitos son constitutivos de "un delito de prevaricación administrativa urbanística".
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
         
            
        