Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ebuka marca no 84 para aliviar a situación clasificatoria do Ourense C. F.

Ebuka marca no 84 para aliviar a situación clasificatoria do Ourense C. F.

O equipo de Rubén Domínguez racha unha serie de seis xornadas sen gañar

G24.gal 02/04/2023 13:57

O Ourense C. F. rachou a serie de seis xornadas sen gañar. Impúxose ao Bergantiños por 1-0, mantense no posto de play out pero achégase moito á puntuación do Coruxo e do Palencia. 

Tivo que suar a vitoria diante dun cadro carballés que está case descendido de xeito matemático con seis xornadas por diante. Na primeira metade gozou de boas ocasións nas botas de Jerin, Salas ou Amin pero non acertou diante da porta de Canedo. 

Na segunda parte tardaron en chegar as opcións de gol. Co paso dos minutos entregouse o equipo ourensán, que atopou o premio do gol no minuto 84. Á saída dun córner rematou Jerín e o central Ebuka empurrou á rede. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos