Publicador de contidos
Publicador de contidos

Duplantis voa coa pértega á mellor marca de todos os tempos

Duplantis voa coa pértega á mellor marca de todos os tempos

O sueco conseguiu pasar o listón que estaba nos 6,23 na Diamond League

G24.gal 17/09/2023 23:56

O sueco Armand Duplantis conquistou o seu terceiro diamante consecutivo nos Estados Unidos e fíxoo batendo con 6,23 metros o récord do mundo que el mesmo tiña no salto con pértega. 

Duplantis, dobre campión do mundo e de Europa e medallista de ouro nos Xogos Olímpicos de Tokyo, asegurou a vitoria con 6,02 no terceiro salto, e no cuarto decidiu pasar directamente aos 6,23, unha marca que intentara superar catro veces sen éxito nas últimas semanas. 

O atleta sueco pasou con limpeza no primeiro intento e, nada máis caer, saíu correndo cara á bancada para abrazarse cos seus rivais. Ata o de agora Duplantis tiña o rexistro en 6,21 e nos Estados Unidos conseguiu chegar ás 72 veces que supera os seis metros, moi por riba do histórico Bubka (45). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar