Ducias de galegos mercan test de antíxenos en Portugal que foron retirados das farmacias españolas por defectuosos
Ducias de galegos mercan test de antíxenos en Portugal que foron retirados das farmacias españolas por defectuosos
Moitos desprazáronse ao país veciño para mercar as probas, que alí se dispensan tamén en supermercados, máis baratas que en España
Nun hipermercado de Valença teñen á venda test dun lote da marca Genrui, retirados das farmacias españolas por daren falsos positivos en coronavirus
A peregrinación a Portugal na busca de tests de antíxenos fíxose evidente durante as festas de Nadal, o que provocou que na raia tamén se acabaran as existencias.
Agora a situación está normalizada e por pouco máis de 3 euros pódese comprar un test de famarcia e nos supermercados mesmo por 2 euros e 10 céntimos.
De todas formas, hoxe encontrámonos cunha sorpresa, nun supermercado da fronteira ducias de galegos están levando sen sabelo tests dun lote desta marca, Genrui, que en España foron retirados.
Desde as superficies comerciais de Tui ata o primeiro hipermercado de Valença hai menos de 500 metros, pero unha gran diferenza nestes días. No portugués pódense mercar tests de antíxenos por pouco máis de dous euros, porque aquí a lei si o permite.
Despois das festas de Nadal, nas que houbo unha demanda récord destes reactivos, nas farmacias portuguesas volve tamén a haber existencias e os galegos aproveitan. E son moitos os galegos que se achegan a este supermercado, o primeiro que se ve ao entrar en Valença, pero aquí encontrámonos cunha sorpresa.
Se foron comprar antíxenos a este súper, miren na parte de atrás onde está a referencia, se coincide co número 521 040 97 trátase dun lote que foi retirado en España e o seu uso está desaconsellado.