Publicador de contidos

Publicador de contidos

Drons e intelixencia artificial para mellorar a xestión do ourizo de mar

Drons e intelixencia artificial para mellorar a xestión do ourizo de mar

A especie gañou valor en pouco tempo pero precisa dunha boa xestión que evite a sobreexplotación

O dron permite analizar a densidade e o tamaño dos ourizos no fondo mariño

G24.gal 14/02/2026 14:58 Última actualización 14/02/2026 16:41

Un dron submarino que recolle datos procesados con intelixencia artificial permítiralles aos mariscadores que andan ao ourizo coñecer mellor o estado e a densidade dos seus bancos. O proxecto, desenvolto por científicos do CSIC de Vigo, xa se probou en catro confrarías.

O ano pasado o sector pesqueiro colleu 510 toneladas de ourizo, a un prezo de 13 euros o quilo. É unha especie que foi gañando valor en pouco tempo, pero que tarda cinco anos en acadar tamaño comercial.

Por iso, ferramentas como este dron permitirán facer unha mellor xestión do recurso. Primeiro toma imaxes de alta resolución e despois adestran a intelixencia artificial para que distinga con precisión os ourizos nos fondos mariños, sen necesidade de que os exploren os mergulladores. 

"Estamos vendo como o mesmo ROV, o vehículo operado de forma remota, che pode facer un conteo de ourizos co que non te tes que tirar para saber se hai produto ou non. Pode axudarlles aos biólogos para saber cal é o tamaño e a densidade do ourizo. É unha ferramenta de traballo e xestión que pode ser moi interante para nós", asegura Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías

"Cremos que nos pode axudar porque é unha tecnoloxía que está arredor dos oito ou nove mil euros, e non é un investimento demasiado elevado. Pode ser moi útil para facer unha adquisición de datos que reverterán no seu favor"

A idea é formar persoal das confrarías na pilotaxe do dron para que sexan eles quen obteñan datos periódicos e evitar o risco de sobreexpotación desta especie.

Polo de agora os técnicos xa fixeron 19 saídas de campo para obter imaxe das poboacións en colaboración coas confrarías de Aguiño, Cangas, Vigo e Baiona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade